jueves, 17 de diciembre de 2009

Vivir sen tecnoloxía hoxe en día?... por Daniel Casas González_1ºB_0910

[Imaxe tomada de Juan Freire, no seu blog "NÓMADA. Reflexiones personales e información sobre la sociedad y el conocimiento abiertos"]

Que sería da nosa sociedade sen a fórmula de Einstein?; que houbese pasado na nosa sociedade se non inventara nin se tivera usado a bomba atómica?; como viviría xente que hoxe por hoxe depende de internet para calquera cousa?; como sería a nosa vida sen aparatos tecnolóxicos que na metade do século XX non existían?; que pasaría se non tivesemos aparatos cada vez máis sofisticados en medicina?... Todas estas preguntas e moitísimas máis poderiámolas resumir nunha única, de moi difícil resposta: podería a especie humana ter sobrevivido sen o avance técnico? Unha cousa a ter en conta é que case todos os avances técnicos de grande importancia producíronse a partir da década dos sesenta do pasado século XX. Outro punto bastante importante é que fariamos se nacesemos nesta época na que estamos actualmente e por algunha causa nos quedasemos sen ningunha tecnoloxía e tiveramos que vivir como hai un século.

Como en calquera cousa que intentemos razoar todo ten os seus “pros” e os seus “contras” e coma en todo haberá opinións variables. Hai o grupo dos máis “optimistas”e o grupo dos máis “pesimistas”. As propostas dos “optimistas” son:

• Un problema sería, que a nosa esperanza de vida sería menor. Hai moitos puntos que lle dan grande importancia a esta afirmación, por exemplo un dos piares que mantén esta afirmación en pé é que a partir da revolución industrial, que ocorreu a principios do século XIX, a esperanza de vida aumentou notablemente devido a que máis xente tivo acceso a unha mellor alimentación e, xa metidos no século XX, máis persoas tiveron acceso a unha mellor atención médica. Pero como en todo hai tamén cousas que desbotan este punto de vista posto que con estes avances que actualmente temos en medicina non se conseguiu que a esperanza de vida das persoas aumentase máis. Un dos problemas polos cales non ten aumentado e porque con esta mellora da alimentación actualmente estámonos sobrealimentando o cal produce enfermidades asociadas a problemas cardíacos, óseos, etc. Pero, ademais unha razón biolóxica para que a esperanza de vida non aumente poden ser tódalas mutacións tipo tumores que se producen que poden ser sinales de que todo ten un fin, por moito que se queira alongar.

• Outro problema sería que nos moveríamos moito máis despacio. Esto tampouco sería un dos maiores problemas, porque se non nos movesemos en tan largas distancias os europeos non terían ido onda os africanos a imporlles o seus modelos de vida e non terían hoxe os enfrontamentos que sofren.Outra cousa favorable sería que non habería mortes por accidentes de tráfico o cal sería un quebradeiro de cabeza menos. Tampouco habería problemas de inmigración tal e como se coñecen actualmente.

• Se hoxe non dispuxesemos de cociñas eléctrica, de gas , etc. Non saberíamos cociñar. E sen frigoríficos nin conxeladores non teríamos posibilidades de conservar comida durante tanto tempo e sen conservas non teríamos comida que aguantase moito tempo

• Unha consecuencia máis negativa teriámola en que se non existise a técnica todos nos estaríamos a loitar por cousas insignificantes, coma rapaces pequenos. Porque se non depuxesemos da tecnoloxía loitariamos por calquera e pequeno anaco de comida que tiveramos o noso alcance. E tal e como facemos hoxe seríamos uns seres bastantes destructivos para outras especies xa que as mataríamos para comer, solo que desta maneira non teríamos control, da poboación de cada unha das especies.

Como xa se ve os máis optimistas non nos darían un bo futuro sen a tecnoloxía que hoxe temos. Por outro lado temos os mais “pesimistas” que nos presentan un mundo máis acorde coas leis da natureza. Pero por outra parte, tal e como cita Savater no seu libro “las preguntas de la vida” todo o que pasa non é culpa da tecnoloxía se non de quen fai uso dela .

Tamén hai unha fase bastante célebre de Sócrates que di: “é mellor padecer un atropelo que sufrilo” .Esta frase pódese aplicar a calquera ámbito da tecnoloxía, na cal vemos que todas as catástrofes producidas polo mal uso da tecnoloxía, ou simplemente polo seu uso.

As propostas máis importantes que trata este grupo de persoas son as que se citan a continuación:

• Se nos non tivesemos tecnoloxía non teríamos que sufrir a contaminación dos mares, dos bosques e polo tanto tampouco nos preocuparíamos pola desaparición de moitas especies provocada pola acción humana en diferentes aspectos da natureza. E como non, non estaríamos limitando a existencia da especie humana, posto que cas accións que estamos levando acabo o que estamos a facer é limitar o tempo de existencia do Homo Sapiens na terra.

• Tamén como di Savater os seres humanos actuarían de forma suicida posto que cada día neste mundo tan global e de tanto respecto mutuo non morrerían millóns de persoas a causa de tiros, nin por causa de radiación (producida por centrais nucleares, móbiles,etc.), tamén tampouco senón depuxesemos de armas ou avances a nivel balístico ou de bombas non poderíamos facer nada ante unha caída dun meteorito na terra.

• Outro gran problema asociado a ter tecnoloxía, aínda que estaría bastante relacionado coa primeira frase de Savater. Todos nos aínda que supéramos o que facemos a hora de conducir sempre habería mortos, simplemente producidos por despistes xa que a especie humana sente e padece e reacciona ante estímulos.Tamén sempre habería quen estíbese decidido a facer o mal porque por moito que elixamos os caracteres dos nosos fillos estes sempre se van a desenvolvelos despois nun entorno concreto, durante a vida, entón nunca se poderían eliminar problemas de delictos nin eliminandos de raíz.

Con toda esta recompilación de información, na cal se ven algúns “pros” e “contras” do uso da tecnoloxía voume a atrever a facer unha pequena reflexión crítica sobre todo o mundo en xeral e sobre todo das cousas vistas dende o punto de vista dun rapaz de non máis de dezaseis anos. Coma en calquera cousa pódese buscar a “puntilla”, pero como esto é un reflexión miña calquera que a lea poderá ser quen de criticala sempre que o faga dunha maneira argumentada e constructiva.

Como di John Stuart Mill todos nos deberíamos vivir segundo os mandatos da natureza, todo isto poderíase ver dende bastantes puntos de vista.Unha gran cousa a resaltar é que a tecnoloxía non é algo natural se non que é algo artificial entón por esta norma tampouco podería existir o arte na súa definición mais pura. Outro enfoque pode ser que a nosa capacidade de pensar e algo natural entón calquera cousa que derive da nosa mente vai ser algo natural do que calquera vai poder facer uso. Ante a cuestión de que se viviría menos deberíamos ter en conta que sería bastante real e probado, en teoría por unha situación que nos pon a natureza. Outra cousa que para moitos sería de gran valor é que mercé especial consideración é si o máis importante non sería vivir ben, que sexamos felices durante a nosa vida, o vivir moito sen ese grao de satisfacción.

Tamén a opinión de Calicles que di que a primeira lei da natureza é que os máis fortes e intelixentes dominen sobre o resto. Pero o preguntármonos na nosa sociedade que preferimos persoas que teñan moitos coñecementos pero que dominen sobre o resto e que avasalen a ese resto, ou preferimos persoas que sexan boas cos demais e que teñan conciencia dos seus actos e que sexan capaces de compartir os seus coñecementos. Dende o meu punto de vista e mellor que teñamos persoas que axuden no que sexa necesario falta aínda que non sexan as máis listas do universo e que non avasalen a ninguén. Unha cousa son as leis da natureza para os animais e as plantas e outra cousa a ter en conta, son estas leis dende unha visión dun ser que debe aplicar a razón e non o instinto.

Se seguimos o que nos di Spengler, unha vez que empezamos a usar a tecnoloxía non nos podemos deter. Este punto sería un pouco problemático, porque se ata fai uns trinta anos non depoñiamos nin de Ipod’s nin de móbiles nin de ningún outro producto hoxe por hoxe seríamos capaces de vivir sen eles aínda que doutro xeito. Pero un gran problema que acarearía esto sería que a tódalas persoas que hoxe teñen un móbil ter que quitarllo sería unha misión imposible digna do mellor dos axentes 007, porque dicirlle hoxe a un mozo que non vai dispor de internet nin de móbil nin de coche, e outros productos de hoxe en día, suponlle o problema máis grande do mundo, porque xa non estaría moda nin podería actualizar o seu blog, pero ante isto cabe facerse unha pregunta de gran importancia: Que facía a xente que naceu nos anos 30?, que nos parecen tan afastados. Nesa época ninguén tiña nin internet, nin móbil nin na de na e ninguén por ese motivo deixaba de ser mais feliz ou máis “guai” para nada nesa época había outros estilo baseados nun mundo de máis dialogo entre persoas e non de tanto encerramento na casa. Un exemplo de conductas témolo nos nosos días coas sociedades Amish, esta pode ser un maneira un pouco extremista de ver este punto de vista pero dende a miña opinión eles non empregan nada tecnolóxico, pero teñen moitas vantaxes có resto do mundo xa que teñen relacións máis abertas entre eles. Tamén non deixan de seren felices por non ter instrumentos tecnolóxicos, porque o que se teñen que contar con tan só a cara e de maneira que fan amigos de carne e óso. Un exemplo bastante claro dos que non empregaban ningún aparello tecnolóxico son os nosos antepasados de hai poucas décadas. Eles pasaban o tempo sen videoxogos, alimentábanse sen supermercados, e así moitas máis cousas. Pero aínda que pareza algo bastante duro para nós poderiámonos acercar máis na escala evolutiva sempre sen pasar a época da revolución industrial e topariámonos con casos de pobos que tiñan algunhas necesidades máis satisfeitas pero nunca sen levaren acabo un abuso tecnolóxico e non por eso eran menos felices. Por exemplo os romanos son dos pobos mellor preparados en case todos os aspectos e todo iso facíano sen tecnoloxía e non por iso deixaban de ser menos. Pero estas poucas cousas enumeradas con anterioridade non son unicamente vantaxes dos pobos Amish se non de calquera persoa que nacese antes do ano 1970, porque case toda a xente actualmente se non ten un ordenador ou unha lavadora, programable a unha hora determinada, non saben vivir.Tamén esta claro que de pequenas estas persoas si tiveron contacto con outras pero a partir destas décadas vindeiras ese número de persoas que se comunicaba de maneiras mais sinxelas esta a diminuír dunha maneira bastante acusada.

Hoxe por hoxe vai ser un pouco difícil que deixemos de lado á tecnoloxía entón o que deberíamos é buscar un punto para un uso correcto da tecnoloxía entre a ausencia de la e un súper abuso. Moitas veces este punto será difícil de atopar pero e o que máis nos convén para que non cheguemos a unha situación no que nos teñamos que pagar ou ata loitar polo osíxeno fundamental para a nosa vida. Unha cousa favorable da tecnoloxía e que nos facilita coñecer máis sobre o universo. Cabe preguntarse se esto é algo ético posto que se a especie humana foi posta na terra e se o home terá ou non dereito a romper esa barreira chamada gravidade que o atrae a ela. Esta pode ser un boa pregunta posto que nos estamos rompendo leis físicas e aínda por riba non estaríamos a vivir dunha maneira natural porque necesitaríamos levar osíxeno, vivir en cápsulas, etc.

Calquera cousa que estea rodeada de tecnoloxía sempre vai ter polémica enriba. Por exemplo o uso de enerxía nuclear, que nos pode ser algo beneficioso usado dunha maneira non lucrativa como en medicina ou en telescopios, e pode der. Usada dunha maneira lucrativa como armamento. Pero tamén pode ser que teña algún uso como para producir enerxía, que pode ser negativo para as persoas posto que as radiacións producidas por estes son prexudiciais.

Aínda que todo o mundo quixese saber que pasaría se non existirá a tecnoloxía vai a ser algo imposible posto que as persoas que dispoñen das comodidades da tecnoloxía non as van deixar, pero o que si que temos son culturas nas que non se dispoñen dela e viven ven. Xa que a conclusión que cheguei creo que o mellor sería que conseguisemos un punto intermedio entre as dúas cousas para non ter moitos problemas ou intentar non agrandalos a pasos xigantes, porque senón estaremos a buscar unha sentencia máis temperá para humanidade.

(Vivir sen tecnoloxía hoxe en día?... Disertación filosófica presentada por Daniel Casas González de 1º Bacharelato B para "Filosofía e Cidadanía". Curso 2009-2010. Profesor: Luis Martínez Costas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario