lunes, 26 de septiembre de 2016

martes, 13 de septiembre de 2016

domingo, 17 de abril de 2016

Proposta de xogo en liña entre os mozos e mozas de Europa

Este pasado venres recibín un correo remitido desde a dirección do Instituto, enviado desde o Consello Escolar Europeo. Trátase dunha proposta de xogo, que está en relación cunha das actividade que estivemos realizando durante o segundo trimestre, despois de ter visto a película "Desconexión". Velaquí o correo recibido:

"Estimada Directora, estimado Director:
Para o seu coñecemento e por si fóra do seu interese, fágolle chegar información sobre unha iniciativa conxunta que a FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, «Connected: The Game».
É un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, cuxo obxectivo é sensibilizar a mozos e adolescentes europeos de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e Internet, e fomentar un uso constructivo das mesmas desde o respecto a un mesmo e aos demais.
No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma  http://www.connectedthegame.eu,  desde o 1 abril ata o 15 de maio de 2016. Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe.
Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un ganador por país que recibirá un premio tecnolóxico e a entrega de premios terá lugar na sé do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.
Rógolle que, si considérao oportuno, dea a máxima difusión a esta información.
Cos meus saúdos máis cordiais,
Francisco López Rupérez ( Presidente do Consello Escolar do Estado)".

Animádevos e participade!!

lunes, 28 de marzo de 2016

8 de marzo: Día internacional da Muller.


Todos somos conscientes de que os dereitos como cidadáns que disfrutamos hoxe en día foron conseguidos pola loita e reivindicación das xeracións anteriores.  Tamén no caso dos dereitos das mulleres atopámonos cunha denodada loita desde as primeiras declaracións de Olympe de Gouges, no século XVIII. Pero eses dereitos non se comezaron a recoñecer -e moi paseniñamente-  ata o século XX. Aínda hoxe encontrámonos con diversos aspectos e ámbitos nos que se precisa lembrar e esixir o recoñecemento deses dereitos básicos de autonomía e igualdade para a maior parte das mulleres nos distintos lugares do planeta.

Para tomar conciencia dese avance no recoñecemento dos dereitos das mulleres en España e nalgúns outros lugares do planeta, propóñovos que cliquedes no seguinte enlace: 
http://elpais.com/especiales/2013/dia-de-la-mujer/.
Reflexionade despois sobre estas cuestións:
a)  Tivo sempre a muller dereito ao traballo?
b) En que momento se ampliaron os dereitos sociais das mulleres?
c) Desde a Constitución do 78 declárase o principio legal da non discriminación por razón de sexo. Coidas que na actualidade existe igualdade real entre homes e mulleres? Pon exemplos que corroboren a túa opinión.
d) Existe igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral? Analiza aspectos como a xornada laboral, as remuneracións, o tipo de actividade laboral que se realiza, etc. para sustentares a túa opinión sobre este asunto.