lunes, 23 de noviembre de 2015

Sensación e percepción


Encontrámonos cun vídeo que cuestiona a nosa concepción inxenua sobre o coñecemento da realidade e explica os mecanismos da sensación e da percepción.

jueves, 19 de noviembre de 2015

Defensa da Filosofía en 50 segundos

Dia Mundial da Filosofia 2015

Día Mundial da Filosofía 2015: A pluralidade de linguas e lugares da filosofía.

Como declara Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, «na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode aportar unha contribución fundamental ao benestar humano, á análise da complexidade e ao fomento da paz.»
letter with binary code over it 
O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara á xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

Aínda que o Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.
A UNESCO lidera este Día, pero destaca que non é a súa propietaria. Pertence a calquera a quen lle interese o pensamento.
Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.
Por primeira vez, todas as actividades na celebración do Día Mundial da Filosofía deste ano enfatizan o uso das novas tecnoloxías da comunicación para chegar a audiencias en todo o mundo.
Para saber máis sobre este Día,  http://www.un.org/es/events/philosophyday/

As éticas da felicidade


Despois de dous anos e un día: Utopías e distopías


As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai. from Filosofía_Luis_IES Otero Pedrayo Ourense

Despois de varias andanzas e tardanzas, volvemos con novas utopías...