domingo, 19 de febrero de 2017

O desenvolvemento moral de Piaget e de Kohlberg


O dilema moral de Heinz

Nunha cidade de Europa hai unha muller que padece un tipo especial de cancro e vai morrer pronto. Hai un medicamento que os médicos pensan que pode salvala. É unha forma de radio que un farmacéutico da mesma cidade acaba de descubrir. A droga é cara porque o farmacéutico está cobrando dez veces o que lle custou facela. El pagou 200 euros polo material e cobra 2.000 euros por unha dose do medicamento. O home da enferma, Joseph Heinz, acode a todo o mundo que coñece para pedir prestando diñeiro, pero só puido reunir uns 1.000 euros, ou sexa, a metade do que custa. Heinz entrevístase co farmacéutico para dicirlle que a súa esposa estase morrendo e rógalle que lle venda o medicamento máis barato ou lle deixe pagar máis tarde. O farmacéutico négase e, ante isto, Heinz, desesperado, pensa atracar a farmacia para roubar a medicina. Debe Heinz roubar a medicina? Clica aquí para ver vídeo. 

Despois, de traballar sobre os estadios de desenvolvemento moral de Kohlberg,  podes ver este vídeo e escoller a túa opción