miércoles, 30 de diciembre de 2009

ALGÚNS TEMAS PARA DISERTAR E INVESTIGAR...

Estas son algunhas propostas de traballo, pero tamén no libro de texto, nos apartados "Escola de filósofos" nas páxinas finais do Taller de Filosofía de cada unidade, para que poidades realizar tanto a disertación como o traballo de de investigación: o único que teriades que facer sería variar o enfoque do traballo e a extensión. Tamén podedes aproveitar un tema para facer as dúas cousas (disertación e traballo de investigación). Ánimo e feliz aninovo. Luís.

TEMAS DE INVESTIGACIÓN E DISERTACIÓN 1º DE BACHARELATO:  FILOSOFÍA E CIDADANÍA.
1. ¿Existe a liberdade? (¿ou estamos determinados?).
2. ¿Existe a alma? (relacións entre corpo e alma, entre seres humanos e seres animais).
3. ¿Ten sentido o mundo? (¿existe orde ou caos?).
4. ¿Existe Deus? (argumentos a favor e en contra ao longo da historia).
5. ¿Cando podemos falar de “beleza”? (¿qué é a arte?).
6. ¿Qué é a xustiza? (¿cómo podemos chegar a unha sociedade xusta?)
7. ¿Pódese lexitimar o poder do Estado? (argumentos a favor e en contra ao longo da historia: sistemas políticos, desobediencia civil).
8. ¿Existe relación entre a estructura económica, a organización social e a personalidade? (Marx, Weber, Durkheim, representantes da escola de Frankfurt).
9. ¿Vivimos no mellor dos mundos posible? (Leibniz, Gauthier).
10. ¿Qué é máis importante a liberdade ou seguridade individual e colectiva para a organización política?
11. ¿Cal é a relación entre nación e Estado? (o problema do nacionalismo).
12. ¿Cómo podemos fundamentar a moral? (recorrido histórico).
13. Utilidade de pensar.
14. ¿É posible alcanzar a verdade de xeito absoluto e total?
15. ¿Como alcanzar a felicidade? ¿Axudaranos a ciencia?
16. ¿Qué o ser humano? Humanos, animais, persoas ou robots.
17. ¿Cal debe ser a nosa guía de conducta: a razón ou os sentimentos?
18. ¿Avanza a humanidade cara ao mellor? Virtudes e defectos da nosa sociedade.
19. ¿Ser ou ter? ¿Cal é o sentido da nosa vida?
20. Importancia da beleza e a arte nas nosas vidas... A propósito, onde está, que é a beleza?
21. Os dereitos dos animais: O Proxecto Gran Simio.
22. Vantaxes e perigos do pensamento utópico.
23. A necesidade duns valores éticos universais.
24. En defensa dos nosos dereitos...(sociais, individuais, políticos,...).
25. Vantaxes e inconvintes do desenvolvemento tecnocientífico.
26. Importancia da participación social e política da mocidade na sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario