lunes, 18 de enero de 2010

CUESTIONARIO "ÉTICA PARA O MEU FILLO (FERNANDO SAVATER)


   1. Por qué o saber vivir non resulta tan doado coma os outros saberes?
   2. Resume o exemplo co que se explica o feito da liberdade humana fronte a conducta programada dos animais.
   3. Cales son os diferentes motivos que normalmente nos impulsan a actuar?
   4. Cal é a diferencia entre o neno pequeño e o adulto desde o punto de vista ético?
   5. Qué anécdota conta Savater do libro de Rabelais Gargantúa e Pantagruel?
   6. Qué cousa pretende ilustrar Savater co reñlato bíblico de Esaú e Xacobe?
   7. Esaú simplifica a súa vida máis do debido por temor á morte; en que sentido di esto Savater?
   8. Qué pretendía obter Kane? Conseguiuno? Por que?
   9.  Cantos tipos de "imbécil moral" hai?
  10.  Qué é o contrario de ser "imbécil moral"?
  11.  De que personaxes literarios se fala neste capítulo? Cal é a intención desa referencia?
12. Cal é unha das características propias do ser humano?
13. Qué entende o autor por "puritano"?
14. Cal é a maoir gratificación que pode darnos algo na vida?
15. Indica algúns trazos que debe posuír unha boa organización política? 
16. Cales son as ideas principais coas que resumirías a intención do autor no libro?
17. Presenta unha breve valoración crítica.

CUESTIONARIO "DICTAMEN SOBRE DIOS" (ANTONIO MARINA)

1Cre Marina que Comte ten razón? Por que?
   2. Cales son as tres preguntas que pretende contestar Marina no seu   Dictame?
     3. Cales son, segundo Marina, as funcións que pretenden cumplir as relixións. Coméntaas brevemente.
     4. Cales son as características propias da intelixencia humana (que dan lugar tamén á invención dos deuses?
     5.  Cales son as “fontes” ou sedes do sagrado?
     6. Que dous círculos ou dominios culturais vivimos como separados na actualidade? Cales son as súas características? Cal é o seu “criterio común”? Cales son as súas diferenzas?
      7.  Cales son as “vías de paso” do círculo profano ao círculo sagrado?
8.      Cales son as tres maneiras de solventar os conflictos éticos?
9.      Lembras como cualifica Borges a deus?
10.  Cita resumidas as “doce probas que demostran a non existencia de Deus” segundo Sébastien Faure?
11.  Cales son os cinco principios “metafísicos” que enuncia Marina? Que opina Marina sobre a posibilidade de afirmar a Deus desde o último principio?
12.  Malia esa definición, que “fundamento” encontran o hinduísmo e o cristianismo, por exemplo, para defender a existencia de Deus?
13.  Que significa, en palabras de Marina, que “a ética é inmoral”?
14.  Que casos ou exemplos podemos citar para observar que se ten dado un proceso de reforma ética nas relixións?
15.  Existe algunha proposta por parte de Marina para superar o “paradigma relixioso” e o “paradigma científico”? Cal? En que cinco motivos se basea?
16.  Que sería unha “relixión de segunda xeración”?
17.  Seguindo as pautas do dictame final de Marina, ofrece ti o teu propio dictame. 

CUESTIONARIO "VACAS, CERDOS, GUERRAS Y BRUJAS" (MARVIN HARRIS)

1. Con que símbolos occidentais compara Harris a sacralización hindú das vacas? Explícao.
2. A que se debe a prohibición de comer carne de porco entre os xudeos e os musulmáns?
3. Qué é o kaiko? Como se regula?
4. Cales son as diferencias entre a guerra primitiva e a guerra nuclear?
5. Cal é a causa do "dominio sexual": a bioloxía ou a cultura? Explica a resposta?
6. Que significa que a supremacía do varón sexa un caso de "realimentación positiva" ou de "amplificación da desviación"?
7. Cal é o "enigma do macho salvaxe"?
8. Qué é o "potlatch"?
9. Qué relación existe entre os "cargo" e o Mesías? Explica a túa resposta.
10. Sobre que trata o capítulo final?

CUESTIONARIO "LAS PREGUNTAS DE LA VIDA" (FERNANDO SAVATER)

1. Cal é o tema da “Introducción”? Cal é a súa tese? De que xeito se a argumenta?
2.  Cal é a experiencia a partir da cal comezamos a "pensar"?
3.  Cal é a experiencia a partir da cal debeu nacer a idea dunha vida trala morte? Como o explica?
4.   Como se denominan as tres posturas filosóficas que dubiban da eficacia da razón e cales son os seus argumentos? Cales son as obxeccións que lle presenta Savater? (Presenta esta cuestión en forma de esquema).
5.   Cales eran os argumentos principais que presentaba Descartes para dubidar de todo, mesmo da súa propia existencia? Cal foi a súa solución (en tres palabras)? Que quería dicir con esa afirmación?
6.   Está de acordo Hume con Descartes respecto á identidade persoal? Como o argumenta?
7. Que é o solipsismo, quen deu unha solución a ese problema e cal foi a súa argumentación?
8.  Que pensadores son os autores das tres grandes humillacións teóricas contra a excepcionalidade humana e que afirmaron?
9. Cal é o argumento máis directo, intuitivo e primitivo a favor dun Deus creador, que filósofo criticou ese argumento e como?
10.  Sobre que trata o capítulo final?

CUESTIONARIO "EL ARTE DE AMAR" (ERICH FROMM)

1. Cales son os pasos necesarios para aprender calquera arte?
2. Cal é a fonte da culpa e da anguria? Explícao.
3. Cales foron os distintos xeitos de tentar eliminar a separación entre individuo e sociedade?
4. Cales son as diferencias entre o amor materno e o amor paterno?
5.   Cal é a clase máis fundamental do amor? Por que?
6.  É o amor erótico un sentimento? Explícao.
7.  Cales son os principios nos que se basea a sociedade capitalista?  Cal  é o resultado desta situación para o home moderno?
8. Cal é a ideal típico do matrimonio deste tipo de sociedade capitalista? Cales son as súas deficiencias?
9.  Cales son os distintos tipos do pseudoamor?
10. De que trata o último capítulo?

domingo, 17 de enero de 2010

Pobos prehistóricos na actualidade por Elba Fernández e Tatiana Carrera

Este é un traballo que realizaron esas dúas boas alumnas o curso 2008-2009 recollendo e ampliando algúns contidos da asignatura optativa de "Antropoloxía" , incorporándolles as imaxes pertinentes e realizando unha presentación en power-point. Grazas e noraboa polo voso traballo, Tatiana e Elba. Luís.

viernes, 15 de enero de 2010

CUESTIONARIO "LA COMUNICACIÓN NO VERBAL" (FLORA DAVIS)


1. Desde qué ciencias se estudia a comunicación?

2. Qué é a cinese?
3. Cómo funciona a nivel subliminal a aprendizaxe de roles sexuais?
4. Existen rasgos universais no galanteo? Explícao.
5. Que significa que "o corpo é a mensaxe"? Pon algún exemplo.
6. Lembras algunha diferencia cultural respecto ao tacto?
7. Con que "coñecementos" chega un bebé recén nado?
8. Cales foron os achádegos de Goffman ao estudiar os asuntos relacionados coa orde pública?
9. Que podes dicir acerca da "danza das mans"?
10. Sobre que trata o capítulo final?

CUESTIONARIO "EL MUNDO DE SOFÍA" (JOSTEIN GAARDER)

1. ¿Con que idade se asemella a actitude do filósofo? ¿Por que tipo ou clase de razón ou sentimento?
2. ¿Cando, onde e contra que nace a filosofía?
3. ¿De que filósofo grego é a frase: "os seres humanos crearon deuses á súa imaxe e semellanza"? ¿Que quería expresar con esa idea?
4. ¿Cal foi o primeiro problema co que se enfrontaron os tres primeros filósofos xonios? ¿Cales foron as súas solucións?
5. ¿Que filósofo propuxo catro elementos e dúas forzas para explica-la orixe e constitución do mundo? ¿Cales eran eses elementos e forzas?
6. ¿Cales son as dúas diferencias básicas entre Parménides e Heráclito?
7. ¿Que filósofo grego propuxo u teoría dos "atómos" ¿Que significa ese termo? ¿Como eran os "átomos da alma"?
8. ¿Que sofistas podes mencionar? ¿Por que se di que eran escépticos e agnósticos? ¿Cal é a afirmación máis importante de Protágoras?
9. ¿Con que oficio comparaba Sócrates a súa actividade? ¿Por que podemos considerar a Sócrates como racionalista?
10. ¿Cal é función do oráculo? ¿Cal era o oráculo máis famoso de Grecia? ¿Cal era a inscripción que aparecía no seu templo?
11. ¿Cal foi o fundador da ciencia grega da medicina?
12. Cita ós dous historiadores gregos máis famosos.
13. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de Platón? ¿Cal foi a forma escrita que empregou Platón?
14. ¿Que dous mundos existen, segundo Platón, e cales son as súas características?
15. ¿Cales son as tres partes nas que, segundo Platón, está dividido o corpo humano e que habilidades da alma, que virtude e que casta social lle correspondía a cada unha?
16. ¿Que pensaba Platón sobre a alma?
17. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de Aristóteles?
18. ¿Cal era a diferencia básica entre Platón e Aristóteles con respecto ás Ideas?
19. ¿Cal é a diferencia entre causa eficiente e causa final? ¿Que tres tipos de alma distinguía Aristóteles?
20. ¿Que período abarca o helenismo?
21. ¿Cal foi fundador da filosofía cínica e cal o seu máis famoso representante? ¿Que opinaban sobre a felicidade humana?
22. Cita algún representante do estoicismo. ¿Cal é a súa actitude fronte a vida e a morte?
23. ¿Cales son as ideas máis relevantes dos epicúreos?
24. Cita ó maximo representante do neoplatonismo. ¿Que é unha experiencia "mística"?
25. ¿Cales son as dúas raíces da civilización europea? ¿Qué relixións naceron das mesmas?
26. ¿Con que feitos relacionarías estas datas 313, 395, 410, 476, 622 e 1453? ¿Que significou para a filosofía o ano 529?
27. ¿Que papel filosófico e científico xogaron os árabes na Idade Media? ¿Por onde entrou a súa influencia en Europa?
28. ¿Cal foi o problema filosófico principal para os pensadores da Idade Media? ¿Que quere dicir que os autores medievais "cristianizaron" ós filosófos gregos? Exemplos.
29. Comenta o que saibas da vida de Agostiño de Hipona. ¿Cal foi a súa obra principal? ¿Cal é a súa idea básica? ¿Como soluciona a contradicción entre a crenza grega da eternidade do mundo e a cristiana da creación?
30. ¿Que é o maniqueísmo?
31. ¿Quen foi Hildegarda de Eibingen?
32. Comenta o que saibas sobre a vida e a obra de Tomás de Aquino. ¿Existía unha ou varias verdades para Tomás de Aquino? Explícao.
33. ¿Con que analoxía se explica a relación entre "teoloxía natural" e "teoloxía revelada"? ¿Cal era a escala de tódolos seres existentes?
34. ¿Cal foi a crítica máis radical á "filosofía teolóxica" de Tomás de Aquino e que deu lugar ó Renacemento e á Reforma?
35. ¿Que tres inventos foron fundamentais para o Renacemento? ¿Por que? ¿Que tres "ríos" culturais conflúen no Renacemento?
36. ¿Que significa a expresión "humanismo renacentista"? Cita dous autores.
37. ¿Que é o panteísmo? ¿Que pensador foi queimado por defender ideas panteístas?
38. ¿Cal é o novo método científico que se presenta no Renacemento?
39. ¿Cales foron as aportacións de Copérnico, Kepler, Galileo e Newton á investigación astronómica?
40. ¿Que di a lei da inercia de Galileo? ¿Que feitos se explican a través dela?
41. ¿Que autor anticipou a hipótese da forza gravitatoria da Lúa sobre a Terra? ¿En que feito se observa esta forza?
42. ¿Cal é a grandeza astronómica de Newton? ¿Por que as órbitas planetarias describen un movemento elíptico?
43. ¿Como explica Gaarder a relación entre Renacemento, individualismo e Reforma? ¿Por que se separou Lutero da Igrexa Católica?
44. En 1543 e en 1637 publicáronse dúas importantísimas obras para o pensamento occidental. ¿Que obras son e quen os seus autores?
45. ¿Que significa "idealismo", "materialismo" e "determinismo"?
46. ¿Cal é o século do Barroco? ¿Cal é a súa concepción fundamental? ¿Que importancia ten o teatro nesa época e nese contexto intelectual?
47. ¿Que movementos filosóficos xorden no século XVII? ¿Cales son as dúas preocupacións básicas para ambos? ¿Cales son as súas diferencias?
48. ¿Por que dicimos que Descartes é o primeiro gran sistematizador da filosofía moderna? ¿Cal é a súa obra principal? ¿Cales eran o método e o instrumento que intentaba aplicar á filosofía?
49. ¿Como se pode relacionar o pensamento cartesiano co de Sócrates e co de Platón?
50. ¿Por que dicimos que Descartes é dualista? ¿Cales son as substancias ou formas distintas da realidade segundo Descartes? ¿Cales son as súas características? ¿Que é a glándula pineal?
51. ¿Sabes algo da vida de Baruch de Spinoza? ¿Cal é o aspecto máis orixinal da súa filosofía? ¿Por que? ¿Cal foi a súa obra obra máis importante? ¿Cal era o seu obxectivo?
52. ¿Que relación existe entre a Natureza e Deus para a tradición filosófica? ¿E para Spinoza? ¿Que é o monismo? ¿Por que se aplica ese termo á filosofía de Spinoza?
53. ¿Cal é o principio ético de Spinoza? ¿Existe "libre vontade" para Spinoza? Explícao.
54. ¿Cal foi o primeiro empirista británico; cal, a súa obra principal e a súa idea fundamental? ¿Cales son e en que se diferencian as cualidades primarias das secundarias?
55. ¿Hai reminiscencias do racionalismo en Locke? ¿Cales?
56. ¿Sabes algo da vida de David Hume? ¿Cal é a diferencia, segundo el, entre "impresións" e "ideas"? ¿Como podemos saber se unha idea é válida? ¿É a idea de "eu" unha idea válida segundo Hume?
57. ¿Como explica Hume a "lei" da causalidade? ¿Con que exemplo? ¿Son pois "racionais" as leis da natureza? Explícao. ¿Que método científico queda así criticado?
58. ¿Que teñen en común e en que se diferencian un ateo, un agnóstico e un deísta?
59. ¿Podemos, segundo Hume, xustificar unha frase normativa a partir dunha frase descriptiva? Pon un exemplo. ¿Cal é a base da conducta e da valoración moral segundo Hume?
60. ¿Que puxo en dúbida Berkeley? ¿Como o argumentaba?
61. ¿Cales son os sete puntos principais da Ilustración francesa?
62. ¿Cando se promulgou a primeira Declaración de Dereitos Humanos? ¿Que filósofo ilustrado publicou en 1782 un escrito en defensa dos dereitos da muller? ¿Quen esixiu a inclusión deses dereitos na Declaración dos Dereitos Humanos e foi decapitada?
63. ¿Que sabes da vida de Kant? ¿Por que se di que foi un filósofo profesional?
64. ¿Cal é a súa postura fronte ós racionalistas e ós empiristas? ¿Que significa o "xiro copernicano" de Kant? ¿En que se diferencia a "cousa en si" e a "cousa para min"? ¿Que é a "materia" e a "forma" do coñecemento?
65. ¿Como xustifica Kant a inmortalidade da alma, a existencia de Deus e o libre albedrío? ¿Que é un "postulado"? ¿Cal é o imperativo categórico kantiano? ¿Por que se di que a ética kantiana é unha ética "da obriga"?
66. Ideas do Romantismo.
67. Diferencias entre Hegel e Marx.
68. ¿Que se entende por naturalismo e cal é a relación de Darwin con ese concepto? ¿Cales son os dous principios básicos da teoría darwiniana? ¿Cales son as dúas obras máis importantes de Darwin? ¿En que anos se publican? ¿Cales son as súas teses principais? ¿Con que analoxía se refire á vida?
69. ¿Que se entende por "psicanálise"? ¿Quen é o autor de tal teoría? ¿Cal é a obra máis importante de Freud? ¿Cando se publicou? ¿Cal é a súa idea central?¿Cal é a función dos soños segundo Freud?
70. ¿Que é "surrealismo"? ¿Quen foi o seu iniciador? ¿Que relación ten coa psicanálise?

CUESTIONARIO GUÍA PARA A LECTURA E O COMENTARIO DOS LIBROS

[imaxe de http://www.reymisterios.com/quiromancia/fotos/mano.gif]

Por favor, sigan estas liñas:
1. Presenta un esquema ou breve resume do libro (5-10 liñas).
2. Cal é o obxectivo principal da obra? (2-3 liñas).
3. Cales son as ideas principais da mesma? (4-6 ideas)
4. Cal é a relación que estableces entre a obra e a filosofía?
5. Que capítulo ou capítulos che pareceron máis interesantes? Por que?
6. Lembras algún momento anecdótico que te chamase a atención?
7. Cres que “aprendiches” algo coa lectura do libro? Que cousas ou ideas?
8. Que conclusións se poden extraer tras a lectura do libro?
9. Escribe tres ou catro frases breves que te chamasen moito a atención.
10. Realiza unha valoración global persoal. (5-10 liñas).

Grazas. Luís.


                                                                                                 

miércoles, 13 de enero de 2010

A PROPORCIÓN ÁUREA... por Paula Melero, Paula Pérez e Antía Rodríguez.

Eis unha magnífica presentación acerca do curioso número "phi", proporción áurea, proporción de beleza tanto na natureza como na arte. Disfrutade do bo traballo destas vosas compañeiras. Un saúdo. Luís.

VÍDEOS SOBRE DARWIN E SOBRE O "DARWINISMO SOCIAL"

Desde aquí teredes acceso a dous vídeos moi interesantes, realizados por Richard Dawkins, un dos máis prestixiosos divulgadores científicos a nivel internacional (só se poden ver desde Mozilla Firefox):

a) sobre Darwin e as claves do evolucionismo: http://www.documaniatv.com/ciencia/darwin-a-examen-1-las-claves-del-evolucionismo-video_b53039738.html.

b) sobre "o quinto primate":  http://www.documaniatv.com/ciencia/darwin-a-examen-2-el-quinto-primate-video_bbd6b20b2.html.