sábado, 10 de abril de 2010

Sobre a riqueza, a pobreza, a enfermidade,... a ecoloxía.

Vivimos no "primeiro mundo"; pero non por iso estamos lonxe da pobreza. Vive connosco, aquí ou un máis alá, pero "aquí", no noso planeta, no noso fogar común, entre nós, entre "irmáns", entre membros da mesma especie humana, que a si mesma se chama "solidaria, xusta, racional,..." e non sei qué máis. Vivimos aquí e por iso a pobreza nos fire coa súa crúa e núa visión, porque somos "humanos". Non esquezamos que a pobreza dalgún de nós, de calquera de nós, entre os miles de millóns de homes e mulleres en todo o planeta significa un gravísimo fracaso político e unha ofensa á nosa dignidade como humanos, demasiado humanos.
Estes son os obxectivos do Milenio, proclamados pola ONU no 2000 para ser alcanzados antes do 2015 (ou equivócome e eran obxectivos para todo o milenio máis quince anos de prórroga, no 3015, ou 4015, ou...?).
 Estes eran e son os Obxectivos do Milenio ... para o 2015!
1. Erradicar a pobreza extrema e a fame.
2.Educación universal.
3. Igualdade entre os xéneros.
4. Reducción mortandade infantil.
5. Mellora da saúde materna.
6. Combater VIH/SIDA.
7. Sostenibilidade do medio ambiente.
8. Fomentar unha asociación mundial.
Así ven os meus prezados alumnos e alumnas cos seus ollos atónitos ante esta verdade, como o vemos todos os que sentimos a anguria da dor "allea", desa dor que tamén é "nosa".
Primeiro..., esta visión das diferenzas entre "Mundo rico e mundo pobre", de Angie Chávez e Brais Álvarez, presentada xa o curso 2008-2009.
Segundo, neste curso 2009-2010, Javier Pumares, Susana Primo, José Manuel Limia e Laura Pérez, volveron sobre ese e outros asuntos relacionados. Comezaron pola explotación infantil,...
... seguiron coa enfermidade,...
... e remataron co problema ecolóxico e medioambiental.