jueves, 17 de diciembre de 2009

PRESENTACIÓN

Este é o blog de Luís e dos seus alumnos-as de Filosofía e Cidadanía de 1º de Bacharelato no IES "Otero Pedrayo" de Ourense.
Iremos introducindo algúns traballos de investigación, disertacións,...  presentados para esa asignatura e profesor polos alumnos e alumnas que cursaron 1º de Bacharelato o pasado curso 2008-2009 e que cursan 2009-2010. Tanto nos primeiros como nas segundas demostraron unha gran capacidade de recompilación, reflexión persoal, análise, síntese e... tamén dominio das TIC.
Por eles e elas; para eles e para elas, o meu recoñecemento polo seu bo saber-facer, a miña estima e afecto máis sinceros e o meu ofrecemento a calquera tipo de axuda que estea nas miñas mans e capacidades facilitar.

Un saúdo. Luís.

No hay comentarios:

Publicar un comentario