lunes, 24 de octubre de 2011

17 NOVEMBRO 2011: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.

Preparándonos para o Día Mundial da Filosofía 2011,
que se celebrará o 17 de novembro.
“Neste Día Mundial da Filosofía, comprometámonos a facer o que nos corresponde para defendérmonos contra a política de polarización, e para rexeitar os estereotipos, a ignorancia e u odio” (Ban Ki-moon, Secretario General. Mensaje con ocasión del Día Mundial de la Filosofía 18 de noviembre de 2010).
En 2005, a Conferencia Xeral da UNESCO na súa Resolución 33C/45 proclama o Día Mundial da Filosofía, que se celebrará cada terceiro xoves do mes de novembro de cada ano. Introducido en 2002 pola UNESCO en honor á reflexión filosófica no mundo enteiro mediante a apertura de espazos libres e accesibles. O seu obxectivo é animar aos pobos do mundo a compartir a súa herdanza filosófica e a abrir as súas mentes a novas ideas, así como para inspirar un debate público entre os intelectuales e a sociedade civil sobre os desafíos que enfrenta a nosa sociedade.
Para más información... na páxina web da ONU referida a esa conmemoración do ano pasado 2010, na web do Observatorio Filosófico de Morelos; e na imprescindible e nunca ben poderada wikipedia.

6 comentarios:

  1. Hola, soy Paloma Rodríguez de 1º Bach A y me ha parecido muy interesante esta entrada, pero el enlace a la wikipedia creo que no va porque a mi no me carga.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi ben que se celebre este día, xa que sirve para fomentar a Filosofía a nivel mundial, ademáis o tema tratado este ano é interesante.
    Pero... por que se celebra a partir do ano 2002 e non se comenzou a celebrar este día antes? e por que se celebra o terceiro xoves do mes de novembro e non ten un día fixo?

    Sabela Álvarez González 1ºBach A

    ResponderEliminar
  3. Chamome Alberte, e son de 1º de Bach A, a miña pregunta para a filosofía e que si non somos capaces de entender aos propios seres humanos, como imos ser capaces de entender o universo?

    ResponderEliminar
  4. Son Alba, de 1º de Bach A, e a miña pregunta é porque a muller foi ignorada na historia do pensamento?

    ResponderEliminar
  5. Son Lucía López de 1ºbach A .A miña pregunta é :

    ¿O pensamento e a realidade son o mesmo ?

    ResponderEliminar
  6. Son Uxia de 1º de Bach A. A miña dubida é: Un filosofo considera a filosofia como algo global ou como algo particular a cada persona??

    ResponderEliminar