viernes, 15 de enero de 2010

CUESTIONARIO "EL MUNDO DE SOFÍA" (JOSTEIN GAARDER)

1. ¿Con que idade se asemella a actitude do filósofo? ¿Por que tipo ou clase de razón ou sentimento?
2. ¿Cando, onde e contra que nace a filosofía?
3. ¿De que filósofo grego é a frase: "os seres humanos crearon deuses á súa imaxe e semellanza"? ¿Que quería expresar con esa idea?
4. ¿Cal foi o primeiro problema co que se enfrontaron os tres primeros filósofos xonios? ¿Cales foron as súas solucións?
5. ¿Que filósofo propuxo catro elementos e dúas forzas para explica-la orixe e constitución do mundo? ¿Cales eran eses elementos e forzas?
6. ¿Cales son as dúas diferencias básicas entre Parménides e Heráclito?
7. ¿Que filósofo grego propuxo u teoría dos "atómos" ¿Que significa ese termo? ¿Como eran os "átomos da alma"?
8. ¿Que sofistas podes mencionar? ¿Por que se di que eran escépticos e agnósticos? ¿Cal é a afirmación máis importante de Protágoras?
9. ¿Con que oficio comparaba Sócrates a súa actividade? ¿Por que podemos considerar a Sócrates como racionalista?
10. ¿Cal é función do oráculo? ¿Cal era o oráculo máis famoso de Grecia? ¿Cal era a inscripción que aparecía no seu templo?
11. ¿Cal foi o fundador da ciencia grega da medicina?
12. Cita ós dous historiadores gregos máis famosos.
13. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de Platón? ¿Cal foi a forma escrita que empregou Platón?
14. ¿Que dous mundos existen, segundo Platón, e cales son as súas características?
15. ¿Cales son as tres partes nas que, segundo Platón, está dividido o corpo humano e que habilidades da alma, que virtude e que casta social lle correspondía a cada unha?
16. ¿Que pensaba Platón sobre a alma?
17. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de Aristóteles?
18. ¿Cal era a diferencia básica entre Platón e Aristóteles con respecto ás Ideas?
19. ¿Cal é a diferencia entre causa eficiente e causa final? ¿Que tres tipos de alma distinguía Aristóteles?
20. ¿Que período abarca o helenismo?
21. ¿Cal foi fundador da filosofía cínica e cal o seu máis famoso representante? ¿Que opinaban sobre a felicidade humana?
22. Cita algún representante do estoicismo. ¿Cal é a súa actitude fronte a vida e a morte?
23. ¿Cales son as ideas máis relevantes dos epicúreos?
24. Cita ó maximo representante do neoplatonismo. ¿Que é unha experiencia "mística"?
25. ¿Cales son as dúas raíces da civilización europea? ¿Qué relixións naceron das mesmas?
26. ¿Con que feitos relacionarías estas datas 313, 395, 410, 476, 622 e 1453? ¿Que significou para a filosofía o ano 529?
27. ¿Que papel filosófico e científico xogaron os árabes na Idade Media? ¿Por onde entrou a súa influencia en Europa?
28. ¿Cal foi o problema filosófico principal para os pensadores da Idade Media? ¿Que quere dicir que os autores medievais "cristianizaron" ós filosófos gregos? Exemplos.
29. Comenta o que saibas da vida de Agostiño de Hipona. ¿Cal foi a súa obra principal? ¿Cal é a súa idea básica? ¿Como soluciona a contradicción entre a crenza grega da eternidade do mundo e a cristiana da creación?
30. ¿Que é o maniqueísmo?
31. ¿Quen foi Hildegarda de Eibingen?
32. Comenta o que saibas sobre a vida e a obra de Tomás de Aquino. ¿Existía unha ou varias verdades para Tomás de Aquino? Explícao.
33. ¿Con que analoxía se explica a relación entre "teoloxía natural" e "teoloxía revelada"? ¿Cal era a escala de tódolos seres existentes?
34. ¿Cal foi a crítica máis radical á "filosofía teolóxica" de Tomás de Aquino e que deu lugar ó Renacemento e á Reforma?
35. ¿Que tres inventos foron fundamentais para o Renacemento? ¿Por que? ¿Que tres "ríos" culturais conflúen no Renacemento?
36. ¿Que significa a expresión "humanismo renacentista"? Cita dous autores.
37. ¿Que é o panteísmo? ¿Que pensador foi queimado por defender ideas panteístas?
38. ¿Cal é o novo método científico que se presenta no Renacemento?
39. ¿Cales foron as aportacións de Copérnico, Kepler, Galileo e Newton á investigación astronómica?
40. ¿Que di a lei da inercia de Galileo? ¿Que feitos se explican a través dela?
41. ¿Que autor anticipou a hipótese da forza gravitatoria da Lúa sobre a Terra? ¿En que feito se observa esta forza?
42. ¿Cal é a grandeza astronómica de Newton? ¿Por que as órbitas planetarias describen un movemento elíptico?
43. ¿Como explica Gaarder a relación entre Renacemento, individualismo e Reforma? ¿Por que se separou Lutero da Igrexa Católica?
44. En 1543 e en 1637 publicáronse dúas importantísimas obras para o pensamento occidental. ¿Que obras son e quen os seus autores?
45. ¿Que significa "idealismo", "materialismo" e "determinismo"?
46. ¿Cal é o século do Barroco? ¿Cal é a súa concepción fundamental? ¿Que importancia ten o teatro nesa época e nese contexto intelectual?
47. ¿Que movementos filosóficos xorden no século XVII? ¿Cales son as dúas preocupacións básicas para ambos? ¿Cales son as súas diferencias?
48. ¿Por que dicimos que Descartes é o primeiro gran sistematizador da filosofía moderna? ¿Cal é a súa obra principal? ¿Cales eran o método e o instrumento que intentaba aplicar á filosofía?
49. ¿Como se pode relacionar o pensamento cartesiano co de Sócrates e co de Platón?
50. ¿Por que dicimos que Descartes é dualista? ¿Cales son as substancias ou formas distintas da realidade segundo Descartes? ¿Cales son as súas características? ¿Que é a glándula pineal?
51. ¿Sabes algo da vida de Baruch de Spinoza? ¿Cal é o aspecto máis orixinal da súa filosofía? ¿Por que? ¿Cal foi a súa obra obra máis importante? ¿Cal era o seu obxectivo?
52. ¿Que relación existe entre a Natureza e Deus para a tradición filosófica? ¿E para Spinoza? ¿Que é o monismo? ¿Por que se aplica ese termo á filosofía de Spinoza?
53. ¿Cal é o principio ético de Spinoza? ¿Existe "libre vontade" para Spinoza? Explícao.
54. ¿Cal foi o primeiro empirista británico; cal, a súa obra principal e a súa idea fundamental? ¿Cales son e en que se diferencian as cualidades primarias das secundarias?
55. ¿Hai reminiscencias do racionalismo en Locke? ¿Cales?
56. ¿Sabes algo da vida de David Hume? ¿Cal é a diferencia, segundo el, entre "impresións" e "ideas"? ¿Como podemos saber se unha idea é válida? ¿É a idea de "eu" unha idea válida segundo Hume?
57. ¿Como explica Hume a "lei" da causalidade? ¿Con que exemplo? ¿Son pois "racionais" as leis da natureza? Explícao. ¿Que método científico queda así criticado?
58. ¿Que teñen en común e en que se diferencian un ateo, un agnóstico e un deísta?
59. ¿Podemos, segundo Hume, xustificar unha frase normativa a partir dunha frase descriptiva? Pon un exemplo. ¿Cal é a base da conducta e da valoración moral segundo Hume?
60. ¿Que puxo en dúbida Berkeley? ¿Como o argumentaba?
61. ¿Cales son os sete puntos principais da Ilustración francesa?
62. ¿Cando se promulgou a primeira Declaración de Dereitos Humanos? ¿Que filósofo ilustrado publicou en 1782 un escrito en defensa dos dereitos da muller? ¿Quen esixiu a inclusión deses dereitos na Declaración dos Dereitos Humanos e foi decapitada?
63. ¿Que sabes da vida de Kant? ¿Por que se di que foi un filósofo profesional?
64. ¿Cal é a súa postura fronte ós racionalistas e ós empiristas? ¿Que significa o "xiro copernicano" de Kant? ¿En que se diferencia a "cousa en si" e a "cousa para min"? ¿Que é a "materia" e a "forma" do coñecemento?
65. ¿Como xustifica Kant a inmortalidade da alma, a existencia de Deus e o libre albedrío? ¿Que é un "postulado"? ¿Cal é o imperativo categórico kantiano? ¿Por que se di que a ética kantiana é unha ética "da obriga"?
66. Ideas do Romantismo.
67. Diferencias entre Hegel e Marx.
68. ¿Que se entende por naturalismo e cal é a relación de Darwin con ese concepto? ¿Cales son os dous principios básicos da teoría darwiniana? ¿Cales son as dúas obras máis importantes de Darwin? ¿En que anos se publican? ¿Cales son as súas teses principais? ¿Con que analoxía se refire á vida?
69. ¿Que se entende por "psicanálise"? ¿Quen é o autor de tal teoría? ¿Cal é a obra máis importante de Freud? ¿Cando se publicou? ¿Cal é a súa idea central?¿Cal é a función dos soños segundo Freud?
70. ¿Que é "surrealismo"? ¿Quen foi o seu iniciador? ¿Que relación ten coa psicanálise?

No hay comentarios:

Publicar un comentario