martes, 18 de abril de 2017
domingo, 19 de febrero de 2017
O dilema moral de Heinz
Nunha cidade de Europa hai unha muller que padece un tipo especial de
cancro e vai morrer pronto. Hai un medicamento que os médicos pensan que
pode salvala. É unha forma de radio que un farmacéutico da mesma cidade
acaba de descubrir. A droga é cara porque o farmacéutico está cobrando
dez veces o que lle custou facela. El pagou 200 euros polo material e
cobra 2.000 euros por unha dose do medicamento. O home da enferma,
Joseph Heinz, acode a todo o mundo que coñece para pedir prestando
diñeiro, pero só puido reunir uns 1.000 euros, ou sexa, a metade do que
custa. Heinz entrevístase co farmacéutico para dicirlle que a súa esposa
estase morrendo e rógalle que lle venda o medicamento máis barato ou
lle deixe pagar máis tarde. O farmacéutico négase e, ante isto, Heinz,
desesperado, pensa atracar a farmacia para roubar a medicina. Debe Heinz
roubar a medicina?
Clica aquí para ver vídeo.
Despois, de traballar sobre os estadios de desenvolvemento moral de Kohlberg, podes ver este vídeo e escoller a túa opción
Etiquetas:
dilema moral de Heinz,
ética
martes, 10 de enero de 2017
lunes, 9 de enero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)