
Todos
somos conscientes de que os dereitos como cidadáns que disfrutamos hoxe en día
foron conseguidos pola loita e reivindicación das xeracións anteriores. Tamén no caso dos dereitos das mulleres
atopámonos cunha denodada loita desde as primeiras declaracións de Olympe de
Gouges, no século XVIII. Pero eses dereitos non se comezaron a recoñecer -e moi
paseniñamente- ata o século XX. Aínda
hoxe encontrámonos con diversos aspectos e ámbitos nos que se precisa lembrar e
esixir o recoñecemento deses dereitos básicos de autonomía e igualdade para a
maior parte das mulleres nos distintos lugares do planeta.
Para
tomar conciencia dese avance no recoñecemento dos dereitos das mulleres en
España e nalgúns outros lugares do planeta, propóñovos que cliquedes no seguinte enlace:
http://elpais.com/especiales/2013/dia-de-la-mujer/.
http://elpais.com/especiales/2013/dia-de-la-mujer/.
Reflexionade
despois sobre estas cuestións:
a) Tivo sempre a muller dereito ao traballo?
b)
En que momento se ampliaron os dereitos sociais das mulleres?
c)
Desde a Constitución do 78 declárase o principio legal da non discriminación
por razón de sexo. Coidas que na actualidade existe igualdade real entre homes
e mulleres? Pon exemplos que corroboren a túa opinión.
d)
Existe igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral? Analiza aspectos
como a xornada laboral, as remuneracións, o tipo de actividade laboral que se
realiza, etc. para sustentares a túa opinión sobre este asunto.