lunes, 23 de noviembre de 2015
Sensación e percepción
Encontrámonos cun vídeo que cuestiona a nosa concepción inxenua sobre o coñecemento da realidade e explica os mecanismos da sensación e da percepción.
jueves, 19 de noviembre de 2015
Día Mundial da Filosofía 2015: A pluralidade de linguas e lugares da filosofía.
Como declara Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, «na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode aportar unha contribución fundamental ao benestar humano, á análise da complexidade e ao fomento da paz.»
O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara á xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que o Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.
A UNESCO lidera este Día, pero destaca que non é a súa propietaria. Pertence a calquera a quen lle interese o pensamento.
Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.
Por primeira vez, todas as actividades na celebración do Día Mundial da Filosofía deste ano enfatizan o uso das novas tecnoloxías da comunicación para chegar a audiencias en todo o mundo.
Para saber máis sobre este Día, http://www.un.org/es/events/philosophyday/
Para saber máis sobre este Día, http://www.un.org/es/events/philosophyday/
Etiquetas:
día mundial da filosofía 2015
Despois de dous anos e un día: Utopías e distopías
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai. from Filosofía_Luis_IES Otero Pedrayo Ourense
Despois de varias andanzas e tardanzas, volvemos con novas utopías...
Despois de varias andanzas e tardanzas, volvemos con novas utopías...
lunes, 18 de noviembre de 2013
Día Mundial da Filosofía, 2013.
Neste curso 2013-2014, o día Mundial da Filosofía -que se celebra desde o ano 2005 o terceiro xoves de novembro- coincide o próximo día 21.
Algúns enlaces:
a) en wikipedia; b) na celebración de 2012;
c) na celebración neste ano 2013.
Neste día, a situación da Filosofía no marco educativo español pode quedar francamente damnificada pola proposta Wert na LOMCE. Clica aquí para escoitar a Esperanza Rodríguez e a Manuel Cruz sobre a importancia da filosofía.
Neste día, a situación da Filosofía no marco educativo español pode quedar francamente damnificada pola proposta Wert na LOMCE. Clica aquí para escoitar a Esperanza Rodríguez e a Manuel Cruz sobre a importancia da filosofía.
Etiquetas:
día mundial da filosofía 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)