Mostrando entradas con la etiqueta día mundial da filosofía 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día mundial da filosofía 2015. Mostrar todas las entradas
jueves, 19 de noviembre de 2015
Día Mundial da Filosofía 2015: A pluralidade de linguas e lugares da filosofía.
Como declara Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, «na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode aportar unha contribución fundamental ao benestar humano, á análise da complexidade e ao fomento da paz.»
O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara á xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que o Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.
A UNESCO lidera este Día, pero destaca que non é a súa propietaria. Pertence a calquera a quen lle interese o pensamento.
Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.
Por primeira vez, todas as actividades na celebración do Día Mundial da Filosofía deste ano enfatizan o uso das novas tecnoloxías da comunicación para chegar a audiencias en todo o mundo.
Para saber máis sobre este Día, http://www.un.org/es/events/philosophyday/
Para saber máis sobre este Día, http://www.un.org/es/events/philosophyday/
Etiquetas:
día mundial da filosofía 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)