sábado, 10 de abril de 2010

Sobre a riqueza, a pobreza, a enfermidade,... a ecoloxía.

Vivimos no "primeiro mundo"; pero non por iso estamos lonxe da pobreza. Vive connosco, aquí ou un máis alá, pero "aquí", no noso planeta, no noso fogar común, entre nós, entre "irmáns", entre membros da mesma especie humana, que a si mesma se chama "solidaria, xusta, racional,..." e non sei qué máis. Vivimos aquí e por iso a pobreza nos fire coa súa crúa e núa visión, porque somos "humanos". Non esquezamos que a pobreza dalgún de nós, de calquera de nós, entre os miles de millóns de homes e mulleres en todo o planeta significa un gravísimo fracaso político e unha ofensa á nosa dignidade como humanos, demasiado humanos.
Estes son os obxectivos do Milenio, proclamados pola ONU no 2000 para ser alcanzados antes do 2015 (ou equivócome e eran obxectivos para todo o milenio máis quince anos de prórroga, no 3015, ou 4015, ou...?).
 Estes eran e son os Obxectivos do Milenio ... para o 2015!
1. Erradicar a pobreza extrema e a fame.
2.Educación universal.
3. Igualdade entre os xéneros.
4. Reducción mortandade infantil.
5. Mellora da saúde materna.
6. Combater VIH/SIDA.
7. Sostenibilidade do medio ambiente.
8. Fomentar unha asociación mundial.
Así ven os meus prezados alumnos e alumnas cos seus ollos atónitos ante esta verdade, como o vemos todos os que sentimos a anguria da dor "allea", desa dor que tamén é "nosa".
Primeiro..., esta visión das diferenzas entre "Mundo rico e mundo pobre", de Angie Chávez e Brais Álvarez, presentada xa o curso 2008-2009.
Segundo, neste curso 2009-2010, Javier Pumares, Susana Primo, José Manuel Limia e Laura Pérez, volveron sobre ese e outros asuntos relacionados. Comezaron pola explotación infantil,...
... seguiron coa enfermidade,...
... e remataron co problema ecolóxico e medioambiental.


sábado, 20 de marzo de 2010

Máis libros recomendados...

[Grazas http://www.blogincendiario.com/, estupendo blog para deleitarse coas imaxes e comentarios de Fernando Rueda sobre libros e a súa lectura].
•  YOURCENAR, Marguerite: Opus nigrum. Esta novela explica a incesante busca de sabedoría por parte dun médico alquimista do século XVI, Zenón, que se envolto en guerra e persecucións fanáticas mentres intenta resolver o enigma filosófico de qué é o ser humano. Esa sería a verdaeira “pedra filosofal”, a meta máxima da alquimia e a ciencia da época. Finalmente, condicionado polas estreitas perspectivas da súa época, Zenón só encontra como saída o suicidio e deixa inconclusa a gran obra alquímica: a plena realización do ser humano.
• SARTRE, Jean-Paul: A puerta cerrada (xunto La puta respetuosa y Las manos sucias). Teatro. Tres personaxes dispóñense a pasar a eternidade no inferno: un desertor fusilado que maltrataba a súa muller, un infanticida, e unha muller que causou a desgracia a todos os que a rodearon. As tres personaxes daranse conta paulatinamente de que o seu castigo consiste en verse os uns aos outros tal como son e en soportar eternamente esa repulsiva compañía. Estes personaxes crearon o seu propio inferno facendo un absurdo das súas vidas e o seu único e horrible castigo consiste en vivilas.
• CAMUS, Albert: La peste. Referente da literatura e filosofía existencialistas. Narra o trunfo da solidariedade humana a pesar da existencia do mal (enfermidade, desgraza, maldade,...). A acción desenvólvese en Orán, cidade alxeriana, devastada pola peste, e amosa que pese a algunhas realidades descorazonadoras, no ser humano “hai máis cousas dignas de admiración que de desprezo”.
• KERR, Philip: Una investigación filosófica. Nesta novela “futurista”, ambientada en 2013, aprovéitase a misteriosa personalidade do filósofo vienés Ludwig Wittgenstein para urdir unha trama policíaca do máis inquietante, na que unha inspectora londinense trata de resolver os crimes cometidos por un ficticio e psicópata Wittgenstein.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Teorías do fin do mundo por Iago Bernárdez Gómez

Se -lembrando as crenzas milenaristas- queredes coñecer as distintas teorías (ou máis ben, hipóteses) acerca do "fin do mundo"...
.

sábado, 6 de marzo de 2010

Vantaxes e inconvenientes do desenvolvemento tecnocientífico... por Alba Álvarez e Daniel Casas.

Velaquí un traballo en ppt de Alba Álvarez Fernández e Daniel Casas González moi interesante sobre o desenvolvemento tecnocientífico.