sábado, 20 de marzo de 2010

Máis libros recomendados...

[Grazas http://www.blogincendiario.com/, estupendo blog para deleitarse coas imaxes e comentarios de Fernando Rueda sobre libros e a súa lectura].
•  YOURCENAR, Marguerite: Opus nigrum. Esta novela explica a incesante busca de sabedoría por parte dun médico alquimista do século XVI, Zenón, que se envolto en guerra e persecucións fanáticas mentres intenta resolver o enigma filosófico de qué é o ser humano. Esa sería a verdaeira “pedra filosofal”, a meta máxima da alquimia e a ciencia da época. Finalmente, condicionado polas estreitas perspectivas da súa época, Zenón só encontra como saída o suicidio e deixa inconclusa a gran obra alquímica: a plena realización do ser humano.
• SARTRE, Jean-Paul: A puerta cerrada (xunto La puta respetuosa y Las manos sucias). Teatro. Tres personaxes dispóñense a pasar a eternidade no inferno: un desertor fusilado que maltrataba a súa muller, un infanticida, e unha muller que causou a desgracia a todos os que a rodearon. As tres personaxes daranse conta paulatinamente de que o seu castigo consiste en verse os uns aos outros tal como son e en soportar eternamente esa repulsiva compañía. Estes personaxes crearon o seu propio inferno facendo un absurdo das súas vidas e o seu único e horrible castigo consiste en vivilas.
• CAMUS, Albert: La peste. Referente da literatura e filosofía existencialistas. Narra o trunfo da solidariedade humana a pesar da existencia do mal (enfermidade, desgraza, maldade,...). A acción desenvólvese en Orán, cidade alxeriana, devastada pola peste, e amosa que pese a algunhas realidades descorazonadoras, no ser humano “hai máis cousas dignas de admiración que de desprezo”.
• KERR, Philip: Una investigación filosófica. Nesta novela “futurista”, ambientada en 2013, aprovéitase a misteriosa personalidade do filósofo vienés Ludwig Wittgenstein para urdir unha trama policíaca do máis inquietante, na que unha inspectora londinense trata de resolver os crimes cometidos por un ficticio e psicópata Wittgenstein.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Teorías do fin do mundo por Iago Bernárdez Gómez

Se -lembrando as crenzas milenaristas- queredes coñecer as distintas teorías (ou máis ben, hipóteses) acerca do "fin do mundo"...
.

sábado, 6 de marzo de 2010

Vantaxes e inconvenientes do desenvolvemento tecnocientífico... por Alba Álvarez e Daniel Casas.

Velaquí un traballo en ppt de Alba Álvarez Fernández e Daniel Casas González moi interesante sobre o desenvolvemento tecnocientífico.

lunes, 18 de enero de 2010

CUESTIONARIO "ÉTICA PARA O MEU FILLO (FERNANDO SAVATER)


   1. Por qué o saber vivir non resulta tan doado coma os outros saberes?
   2. Resume o exemplo co que se explica o feito da liberdade humana fronte a conducta programada dos animais.
   3. Cales son os diferentes motivos que normalmente nos impulsan a actuar?
   4. Cal é a diferencia entre o neno pequeño e o adulto desde o punto de vista ético?
   5. Qué anécdota conta Savater do libro de Rabelais Gargantúa e Pantagruel?
   6. Qué cousa pretende ilustrar Savater co reñlato bíblico de Esaú e Xacobe?
   7. Esaú simplifica a súa vida máis do debido por temor á morte; en que sentido di esto Savater?
   8. Qué pretendía obter Kane? Conseguiuno? Por que?
   9.  Cantos tipos de "imbécil moral" hai?
  10.  Qué é o contrario de ser "imbécil moral"?
  11.  De que personaxes literarios se fala neste capítulo? Cal é a intención desa referencia?
12. Cal é unha das características propias do ser humano?
13. Qué entende o autor por "puritano"?
14. Cal é a maoir gratificación que pode darnos algo na vida?
15. Indica algúns trazos que debe posuír unha boa organización política? 
16. Cales son as ideas principais coas que resumirías a intención do autor no libro?
17. Presenta unha breve valoración crítica.